9ª edición del Programa de Acción Educativa Hazlo Verde de Leroy Merlin: Un aula sostenible está en tus manos. Concurso Escolar sobre medioambiente

Estás visualizando una edición antigua del Concurso Escolar Hazlo Verde. Si deseas participar en la última edición haz click aquí.

MATERIAL PEDAGÓXICO AMBIENTAL

Impliquémonos no coidado do medio. Porque calquera cambio no equilibrio do ecosistema afecta a miles de especies, entre elas a humana. A túa participación é fundamental para conseguir que nenos, nenas, mozos e mozas se conciencien da importancia que teñen os bosques e os perigos que implica a súa desaparición.

Para axudar a salvar os bosques elaboramos uns recursos educativos cos que fomentar o pensamento crítico, a conciencia ambiental, o traballo cooperativo, a aprendizaxe por proxectos e as competencias tecnolóxicas, fundamentais, estas últimas, na nova normalidade educativa.

Queremos que as próximas xeracións aprendan de forma lúdica, proactiva e cooperativa que moitas pequenas accións poden xerar un gran cambio global. Para iso, o profesorado e os centros educativos sodes unha peza clave. Con este material pedagóxico imos mostrar que cada acción ten unha consecuencia que condiciona o noso futuro.

Aínda que a utilización deste material non é obrigatoria para participar no Concurso Escolar, facilitaravos moito o traballo que fagades na aula ou de forma virtual co alumnado.

Primaria

Secundaria

Primaria

Secundaria

Tamén de materiais educativos adicionais segundo os contidos de anteriores edicións de Hazlo Verde: