VEGA E A SÚA CUADRILLA, ALIADOS DE HAZLO VERDE.

Vega e a súa banda son os novos amigos que te acompañarán ao longo deste concurso escolar sobre Obxectivos de Desenvolvemento Sostible!

Vega

Vega

Vega é unha nena de cidade moi riseira e soñadora. Sempre vai acompañada do seu fiel amigo Fogo, o seu can. A Vega gústanlle as cousas sinxelas e respirar aire fresco, por iso sempre anota no se caderno de campo cada nova idea e descubrimento que axude a facer do mundo un lugar máis verde.

Fogo

Fogo

Fuego é o fiel compañeiro de Vega.
Ponse moi feliz cando pasea polo campo, rodeado de árbores e aire fresco.
É moi observador e inda que non sabe falar, sempre sabe como expresarlle a Vega as súas emocións, dando voltas no chan coa panza cara arriba e movendo o rabiño.

Paula

Paula

Paula é a mellor amiga de Vega.
Encántanlle os ordenadores, os circuítos, as aplicacións e os videoxogos. Si, é un pouco friki!
É habitual vela comunicándose por Internet ou botando un cable cando é necesario buscar información para reparar algunha cousa ou sobre como aforrar enerxía.

Martín e Mateo

Martín e Mateo

Presentámosche os xemelgos da cuadrilla. Aínda que sempre estean discutindo, pronto te darás de conta de que son inseparables e do ben que se complementan. A Martín gústalle a natureza, a xardinería, coidar da súa horta urbana e pasar horas e horas mirando as nubes e as estrelas. Mateo é moi xeitoso e creativo, por iso sempre está ideando inventos moi útiles para o seu irmán con cousas que a xente xa non utiliza.