9ª edición del Programa de Acción Educativa Hazlo Verde de Leroy Merlin: Un aula sostenible está en tus manos. Concurso Escolar sobre medioambiente

Estás visualizando una edición antigua del Concurso Escolar Hazlo Verde. Si deseas participar en la última edición haz click aquí.

HAZLO VERDE. MISIÓN #Salvemoslosbosques.

Vega

Coñeces a lenda popular que conta que un esquío podía cruzar a península de punta a punta sen pisar o chan? Imaxina que diferente sería hoxe. A paisaxe cambiou de forma drástica pola acción do ser humano.

Os bosques son unha peza fundamental na loita contra o cambio climático. Son vitais para a nosa vida, así como para a de millóns de especies. Constitúen o hábitat de fauna e flora, evitan os procesos erosivos do chan, dan estabilidade aos ciclos ecolóxicos… Son parte da nosa vida.

Queremos que os nenos, nenas, mozos e mozas sexan protagonistas da conservación dos bosques. Para iso, imos implicalos activamente no seu coidado a través da información e a sensibilización. Xestos tan sinxelos como aprender a non deixar residuos despois das visitas aos espazos naturais e recoller todo o lixo que xeramos son básicos para a súa preservación. Coidando os bosques, coidamos o planeta.

Como imos facelo? Coa túa axuda e a do teu alumnado. Vós sodes a base do cambio. Propoñémosvos participar na 5ª edición do Concurso Escolar Faino Verde que se desenvolve baixo o lema “Misión #SalvemosOsBosques”. Unha proposta destinada a estudantes de Primaria (de 3º a 6º curso) e Secundaria (1º a 4º) con ganas de formar parte dun futuro máis sustentable.

Queremos que nos axudedes a sensibilizar á poboación, sobre a importancia dos bosques da nosa contorna. Participa co alumnado de Primaria creando unha campaña de sensibilización mediante un cartel publicitario ou, se es docente da ESO, a través dun vídeo.

Imos crear un movemento imparable, queres formar parte?